Print this page

Últimas novidades

Candorcas e unicornios

Candorcas e unicornios

by María Canosa

Candorcas e unicornios é unha fábula marabillosa, en todos os sentidos da palabra, onde o mar, a natureza e a fantasía van da man nunha historia que, ademais de entreternos, vai facernos pensar… María Canosa volve sorprendernos unha vez máis cunha mirada poética chea de sensibilidade e sabedoría literaria. Entra con ela...


Atranco no banco

Atranco no banco

by Manuel Núñez Singala

Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente...


As crónicas do viaxante

As crónicas do viaxante

by Carlos Vila Sexto

1798. Foi ese o destino que o Espello de Bágoas elixiu para Miguel. A cen quilómetros do Pazo Quiroga, fronte ás costas de Cabo Lázaro, os exércitos de España e Francia intentan acabar co desapiadado pirata Diaño. Só Miguel sabe quen se oculta debaixo da máscara do pirata. Por iso intentará aproveitar...


A viaxe de Burhan

A viaxe de Burhan

by Xoán C. Riobó

Siria está en guerra. Burhan, un rapaz soñador, quere marchar do seu pobo para atopar ese lugar utópico de liberdade. Despídese da súa amiga Hilâl que, aferrada ao lugar que a viu medrar, non quere marchar. Os camiños convértense en fileiras de persoas que migran. Os cans da noite axexan...


Lobísimo do saco

Lobísimo do saco

by Bernardino Graña

Neste libro atoparás tres pezas de teatro infantil: Sinfarainín contra don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán) e Lobísimo do saco. Os animais son os protagonistas destas historias que conteñen moito humor, pero tamén invitan a reflexionar sobre o abuso do poder, a tiranía, en definitiva, o terrible...


Conexión Macarrón

Conexión Macarrón

by Ledicia Costas

A Espe e a Rino non lles gustan os paraugas, por iso agardaban debaixo dun tobogán a que parase de chover cando un señor fúnebre, con roupa, chapeu e paraugas negros, lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Díxolles que era Expósito e que vivía no seu mesmo...


Conta Comigo

Conta Comigo

by Miguel Tanco

Todo o mundo ten unha paixón. Para algúns é a música, para outros a pintura. Pero para a protagonista desta historia son as matemáticas. Cando mira o mundo, veas en todas as cousas fermosas que a rodean. Hai quen non entende a súa paixón, pero a ela non lle importa.  Hai infinitas formas...


O can de Milu

O can de Milu

by Mariann Máray

A Milu gustábanlle os cans. Desexaba ter un, fose como fose: grande ou pequeno, salvaxe ou dócil, silencioso ou ladrador... Un día, mentres regresaba á súa casa, Milu atopouse á beira do camiño cunha bóla grande e peluda… O amor polos animais, a amizade incondicional ante as adversidades e, sobre...


O pequeno indio

O pequeno indio

by Ricardo Alcántara

A imaxinación desbordante da infancia reflíctese en «O pequeno indio », que remite a outro clásico dos mesmos autores, «O pirata valente». Nesta ocasión, as aventuras de Brais ambiéntanse no lonxano Oeste a través da estética das icónicas películas de indios e vaqueiros. O protagonista volve amosar a súa ilimitada...