Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Luz de Tebra (Xerais) de Ánxel Vázquez de la Cruz

Rate this item
(0 votes)

Ánxel Vázquez de la Cruz ofrécenos nesta Luz de Tebra (Xerais) un feixe de relatos cociñados a lume manso. Amante da palabra, un Vázquez de la Cruz artesán esculpe agarimosamente nela para achegar ao lector esa luz de tebra da lembranza; e deses recordos xurde un mundo de personaxes fantásticos aos que o autor amosa a súa face máis humana.

Aínda que Vázquez de la Cruz publique pouco, que todo o que veña sexa igual de excepcional que este Luz de Tebra .

 



 

A Ánxel Vázquez de la Cruz coñéceselle como un magnífico narrador oral. Por qué meterse na escrita?

A min o que me gusta é contar historias e escoitalas. Nacín nunha época propicia, sen televisión, no seo dunha familia moi dada aos relatos e aos contos. Tamén estaba unha persoa traballando na miña casa que me contaba cousas en galego; unha persoa con certos poderes, que falaba cun irmán morto anos atrás. Así que poderíamos dicir que tiven unha infancia predisposta para isto.

Contar cousas oralmente é moi agradable, pero podemos dicir que dende neno sempre escribín. De estudante en Santiago escribín varios contos, artigos e comentarios en La Noche, onde tiña un bo amigo: Xosé Fernández Ferreiro. Máis adiante, na miña estadía barcelonesa seguín escribindo e publicando cousas de todo tipo. Fixen moita literatura clandestina dende os movementos aos que pertencía. Profesionalmente como médico, xa que durante un tempo fun director do hospital materno infantil, procurei que todo o que redactaba tivese un compoñente literario.

Diremos que sempre amei a palabra e gústame a escrita.

 

Algúns destes relatos aparecen con anterioridade publicados en diferentes medios, incluso podemos atopar na rede un par de blogs titulados Luz de Tebra.

Unha amiga xornalista arxentina animoume a escribir a través dun blog, e como dis, algunhas cousas deste libro apareceron publicadas en revistas como Bravú e Luzes, e agora volven ver a luz relidos e corrixidos.

Este libro é como unha especie de destilado longo. É un libro moi traballado, moi pensado e ten un fío que dura unha vida ao completo agás a etapa na que residín en Barcelona, unha época na que estou traballando nestes intres e agardo que algunha vez poida aparecer en forma de libro. Apetecíame en Luz de tebra reflectir só a parte galega - aínda que a de Barcelona tamén o é-: Tui, Santiago, Vigo e A Coruña.

 

Vostede indica no limiar que a luz de Tebra era unha denominación popular, pero é igualmente un cualificativo referido ao tempo no que están ambientados os relatos que compoñen este libro. Qué significou para vostede ese tempo de tebra?

Se lle falas a un tudense da miña idade sobre a luz de Tebra sabe perfectamente do que te estás a referir. Era unha luz que viña de Tebra* que comezaba a funcionar cando se avariaba a de Fenosa. A xeral era de Fenosa, pero cando marchaba principiaba a luz procedente dun pequeno salto de auga localizado en Tebra. A xente non era consciente- e eu tampouco- dese simil de luz de tebra-luz de "tiniebla", pero era así como se denominaba, e a min sempre me andou na cabeza esa luz de tebra como unha luz pobre, amortecida, unha luz sinistra, que precisamente era a luz deses anos, dos 40 e 50: uns anos de moito medo, un temor incorporado na xente, anos de pobreza, de fame, de "fome" como dicimos en Tui, pero tamén era un tempo de moitas ganas de vivir. Tui é unha vila moi ben situada, preto da fronteira, moi completa, unha especia de Amarcord. Polo tanto era unha vila moi literaria.

 

 * Santa María de Tebra, no concello de Tomiño.

 

Debulla relato a relato a súa historia a través de anotacións autobiográficas e literarias: dende o seu Tui primixenio ata a Coruña onde reside na actualidade. Poderíamos falar deste libro como se se tratara dun lenzo composto de retallos de memoria?

Este libro é a travesía da miña vida. Eu pretendía titular este libro No camiño, xa que para min é un percorrido: Tui no camiño, Vigo no camiño, Santiago no camiño, Coruña no camiño. pero logo convencéronme de que ese título estaba moi queimado. Efectivamente, este libro son retallos vitais das situacións, dos sitios e sobre todo das persoas que coñecín ao longo destes anos e que nun momento dado me emocionaron. Eu quíxenlles dedicar, deste xeito, unha homenaxe moi particular.

 

Todos eses personaxes tan particulares que aparecen no libro son reais?

Teño as miñas dúbidas [risos] pero eu creo que si. Algúns son completamente reais: Franklin, o gardamallas do Racing é real; o Negro, o bandido; ou Rafaé.

 

Os relatos están especialmente vinculados a súa profesión como médico. Sería posible escribir este libro no caso de exercer outro oficio?

Supoño que si, pero non estou seguro. Un médico ve as cousas dende un prisma especial. Sempre estamos escribindo sobre a xente, aínda que sexa sobre as súas enfermidades, pero tes a posibilidade de coñecer moitas historias e moitas persoas. Se exploras a historia atoparaste con médicos que escribiron realmente ben e que foron magníficos literatos, como Chejov, Céline, etc.

 

Intercala cada un dos apartados cunha introdución poética dos lugares onde viviu (agás a Barcelona comentada anteriormente). Qué significaron para vostede todas esas cidades?

Dentro das miñas posibilidades literarias intento reflectir emocionalmente o que para min supoñen todos eses lugares, que no caso de Tui e Santiago sexa máis doado porque son cidades moi poderosas . Tui é a miña patria, Santiago é a cidade máis impresionante que coñecín na vida, Vigo ten eses contrastes , unha vitalidade coexistindo coa ruralidade e A Coruña é unha cidade moi aberta, tan mariñeira...

Facer estas introducións supúxome moitísimo esforzo e tempo. Eu quixen expoñer o pórtico onde se desenvolvesen os acontecementos que se amosarán nos relatos. Tratei de reflectir a emoción que me producen a min eses lugares nunha especie de elexía.

 

Amósase una especial querenza polos personaxes 'outsiders': ciganos, contrabandistas da raia, apátridas. Poderíase dicir que teceu en Luz de Tebra unha estética do perdedor?

Sempre me interesou máis o perdedor que o gañador, ten máis cousas que contar, son xente máis literaria. Posiblemente tamén os coñeza mellor xa que na miña vida atopeime a moita xente así.

Sonche personaxes que poderían pasar por irreais pero son de verdade, existiron realmente. Son xente que buscaron fuxir da súa realidade ou da realidade que lles tocou vivir. Velaí está Faustino Rey Romero, de quen se poderían contar cousas tan marabillosas que máis de un pensaría que son ficción.

 

De moitos deles poderíamos parafrasear a Scott Fitzgerald de "Amósame un heroe e dareite unha traxedia", como no caso de o Negro.

A xente di que este libro é un libro amable onde todos acaban mal. Pero iso é lei de vida, o de acabar mal, polo menos no tipo de vidas que coñezo e coñecín eu.

 

Mostra en Luz de tebra un humor moi fino, non de escarallarse pero si de poñer un sorriso nos beizos.

É que eu coñecín xente moi simpática que me contaron historias e sucedidos irónicos e divertidos.

Manuel Rivas comentou na presentación deste libro unha cousa que me emocionou moito. Xosé Luís de Dios, amigo meu e excelente pintor que finou hai pouco, estivo lendo Luz de tebra nos seus últimos días. Isto confirmoumo a súa muller, que estaba na casa e escoitaba o seu home rir mentres lía o meu libro. Para min é moi emocionante saber que fixen rir a un amigo neses momentos.

 

O capítulo co que se abre Luz de tebra contén un dos mellores comezos de libro que lembro, con Álvaro Cunqueiro sobrevoando o texto. Esa prosa cunqueirana será partícipe do resto dos relatos, pero tamén ten un ar, como di Eduardo Galeano na contracapa, moi 'jodón'.

Seguro, sempre fun un entusiasta lector de Cunqueiro. E si, Galeano ten moita razón, son unha persoa moi 'jodona'.

Que ao lector lle soe a miña escrita a Cunqueiro é un afago fabuloso para min. Como dixen antes este é un libro moi pensado e moi traballado. Cando me puxen o primeiro que me dixen foi: "Xa que escribo a esta idade polo menos que quede ben o libro". A min o que me preocupaba é que houbera ritmo, que non fose simplemente un libro de relatos, senón que tivera un fío ao longo de todo el; que fose un libro en si mesmo e non relatos illados uns dos outros.

Para min a escritura é unha cousa moi difícil porque para min ten que soar ben, que poidas lelo en alto, que teña ese ritmo, que haxa música. Encetar iso para min é moi importante pero dáme moito choio. Por outra banda, o noso idioma é moi axeitado. Ten tanta beleza, tanta sonoridade que da gusto traballalo. Tamén son obsesivo á hora de buscar a palabra axeitada, que teña de vez significado e sonoridade. 

 

 

 

A Coruña, Setembro do 2010

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31

Nestes días >

No upcoming event!

Exposicións >

No upcoming event!