Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Flash-Black 13 e O frío azul (Urco) de Ramón Caride

Rate this item
(6 votes)
Ramón Caride Ramón Caride Foto: Sara Caride

As e os afeccionados á literatura estamos en hora boa cando chega ás librarías novos traballos do escritor ourensán Ramón Caride, e máis se -como é o caso que nos concirne nestas liñas- en pouco tempo atopamos dous novos libros do ourensán, e ambos publicados pola mesma editorial, Urco editora.

Quen coñeza a traxectoria literaria de Caride como a liña editorial de Urco pode facerse unha idea do que se vai atopar: literatura fantástica de grande calidade. E a proposta, abofé que non, nin erra nin decepciona.

Ramón Caride, autor de longo percorrido tanto nos eidos da poesía como na narrativa, concentra grande parte da súa obra no xénero negro e na literatura fantástica, e velaquí temos os lectores unha magnífica mostra desta última, condensada en dous libros que serven para recuperar e, sobre todo, para gozar do mellor de Caride: a recompilación de relatos en Flash-Black 13 e a reedición, na súa versión “definitiva”, de O frío azul.

Flash-Black 13 ofrécenos unha recompilación da produción en relato curto que máis se aproxima ao xénero fantástico. Fantástico? Si, sen dúbida, pero tamén son relatos arraianos co mundo que temos máis próximo, con ese que tocamos coa man cada día. Os lectores podemos doadamente identificarnos cos personaxes que pululan polos relatos de Flash-Black 13. E desacougarnos. Porque unha das características da narrativa de Ramón Caride é o trazado psicolóxico dos personaxes, cos que empatizas case dende o primeiro parágrafo, cos que vives os seus temores, os seus anhelos, as súas frustracións. Grande acerto do autor. Gran libro para gozar da literatura.

O frío azul, baseada nunha lenda da tradición oral e convertida con mestría en novela, foi Premio Lueiro Rey de Novela Curta en 2007 e publicada nunha primeira versión por Sotelo Blanco. Estamos sen dúbida ante unha historia que foi gañando peso co paso dos anos, velaí a súa magnífica aceptación por parte da crítica e sobre todo polos lectores, e que agora ve unha nova edición “definitiva”, como a denominou a editorial.

O frío azul é un relato desacougante, que nos leva ao corazón de Ourense, onde se ergue impoñente e silandeiro o Mosteiro de Oseira. O horror, o amor, a tradición, o folclore, a destrución avanzan con ferocidade e cun ritmo intenso polas páxinas da novela.

Como unha das novidades que presenta a novela a cuberta de O frío azul leva incrustada unha capa de “realidade aumentada”, unha xanela aberta ao futuro do libro en papel coexistindo co dixital. O booktrailer da obra e a unha serie de ligazóns á web da editora e ás redes sociais son engadidos á tradición editorial clásica.

 

 


 

 

Ven de publicar os seus últimos libros con Urco, unha editora á que lle acae á perfección unha parte da súa produción literaria. Que se aportan mutuamente?

Eu son admirador do traballo de Urco, antes de publicar con eles xa mercaba as súas traducións de Lovecraft, Howard e outros autores clásicos de fantasía, ficción científica ou terror. Parécenme xente moi imaxinativa e emprendedora, por exemplo publicaron O xogo de Ender en galego, unha obra ben interesante dun autor norteamericano vivo, Scott Card, contactando directamente con el. Falamos dunha novela que deu unha superprodución cinematográfica...

Pola miña parte había tempo que tiña ganas de colaborar con eles. Primeiro fixen unha introdución a un libro dun amigo común, A xanela insólita, de Jorge Emilio Bóveda, unha historia da Ficción Científica moi interesante, e logo pensamos en publicar algo de creación miña.

O frío azul, daquela en Sotelo Blanco, estaba a poucos anos de quedar libre de compromiso editorial e decidiron reeditalo. Mentres esperabamos, ocorréuseme facer Flash-Black 13, recollendo relatos meus fantásticos, porque me encantan as antoloxías temáticas de relatos.

Ramón CarideCortazar sempre falaba, para referirse aos seus contos, que o motor dos mesmos era o sentimento de estrañamento. Que é o que move a súa literatura?

O mesmo que para Cortázar, coincido, a vida é unha cousa moi rara. O único que non nos permite ver a súa estrañeza é o feito de non parármonos a pensalo. É certo que eu teño obras máis “realistas”, pero iso é só en aparencia. A vida é sempre irreal, e a literatura tamén. Alén diso a miña obra literaria é moi variada, gústame cambiar de xénero e de enfoque en cada libro que publico.

Flash-Black 13 supón unha escolma dos relatos que vostede veu publicando nos últimos vinte anos. Cales foron os criterios de selección e a quen lle correspondeu ese traballo?

A selección fíxena eu. Busquei os relatos máis imaxinativos que tiña en cada libro publicado desde 1991. Tiña outro libro de relatos anterior, Os ollos da noite, pero non me convencía tirar nada del. Tras esa primeira selección algúns tiveron que quedar fóra, porque xa foran reeditados en Sarou/Louzós, outro libro recente. Fixen un novo relato ad hoc para esta antoloxía, O reinado dos ceos, e metín o Foto-shock, que a priori non é fantástico, pero....

No epílogo de Flash-Black 13 vostede subliña que a súa produción policíaca acadou éxitos e reedicións, mentres que a acollida da fantástica foi “desigual”.

A serie negra, ou policial, vive arestora na parte alta do seu periódico boom. Chegou a un público lector masivo (por certo, coñecín a Rubén Fonseca en persoa, pero xa non poderei coñecer a Henning Mankell, mágoa). Por contra, a literatura fantástica, falo da impresa, segue estando no chamado fandom. Ten seareiros fieis, pero moitos menos. Isto fai que unha recompilación de textos de serie negra, ou de relatos policiais, sexa máis doada de colocar por un autor nunha editora xeralista ca unha de textos fantásticos; é unha cousa do mercado. Non ten que ver coa calidade intrínseca do texto. E a edición ten algo –moito?- de feira. De tódolos xeitos non debía queixarme, en 2013 reeditei en Xerais outra novela fantástica, O sangue dos camiños*, que tamén se publicou en México e Portugal, da que estou moi satisfeito.

* Premio Risco de Literatura Fantástica 2003 e publicada ese mesmo ano por Sotelo Blanco.

Na tradición máis clásica do xénero fantástico este está moi vencellado co mundo do mito, da lenda, que todas e todos temos moi interiorizado. Sen embargo, un elemento común nos relatos de Flash-Black 13 é que estes son moi urbanos, moi ligados á realidade e ao mundo moderno. É necesaria unha boa dose de realidade para que a fantasía funcione?

Evidentemente, para min é así. Cada un ten as súas filias e as súas fobias. Eu non sería quen de escribir fantasía pura, en plan Tolkien, pero son moi de fronteira. Encántame que os textos se sitúen nesa interfase entre a rutina da vida cotiá e o insólito súbito, tal e como fai Cortázar. En parte os meus relatos saen así, e en parte procúroo, aínda que non che sabería dicir canto de cada cousa.

A ciencia ficción e o fantástico asumen a complexidade de aquilo para o cal non temos respostas racionais?flash black 13

Xa sabes que a Fantasía Científica, vulgarmente chamada ciencia-ficción (termo que a min non me agrada moito) parte da ciencia, e por tanto ten unha base racional, ou debería tela. En cambio o Fantástico como tal, que pode ser imaxinario ou marabilloso, non ter porque xustificarse en ningún razoamento lóxico. En todo caso, unha variante e outra son proxeccións do espírito humano –enténdase isto non coma algo sobrenatural senón como o produto da actividade neuronal- que saen fóra do estritamente empírico, da mecánica de todos os días; por tanto é certo. Cumpren a necesidade de soñar do ser humano.

Dá máis medo, ou prodúcenos unha maior impresión o que temos e o que coñecemos máis de preto?

Así é, en principio: como nos vai dar máis medo unha reencarnación que unha viaxe en ascensor? Pero todo depende de habilidade do escritor. Por exemplo eu paso moito medo con algunhas novelas de Robert Silverberg sobre o tema da reencarnación nunha sociedade imaxinaria.

A busca do control por parte do poder, que poidan controlarnos, como nos relatos O reinado dos ceos ou Informe final.

A paranoia de ser títeres en mans alleas é tan vella como o mesmo home. Nas traxedias gregas eran os deuses, agora a tecnoloxía: as redes informáticas saben todo de nós. Mudan os protagonistas, pero no fondo os contos sempre son os mesmos.

No relato Os perigos da nostalxia aborda un tema realista dende a ficción. Hai tramas que poden acometerse mellor dende estes xéneros?

Eu xa concibo o relato coa súa forma, o argumento aparéceme xunto co xeito de contar ese argumento. En xeral é así. Nese relato en concreto, un amigo pediume un texto creativo que evocase os tebeos da miña infancia. Dinlle unha volta extrema, non vou contar máis, e saíu unha cousa curiosa. Eu pensei que mesmo humorística. Mais, para a miña sorpresa, este relato foi censurado. Conto isto no epílogo de Flash-Black 13. Daquela entendín o significado da censura sobre un escritor, cando me pasou a min. Tiven a sensación de facer unha viaxe atrás no tempo.

o frio azulReedítase agora O frío azul na súa versión definitiva. Que achega esta nova reedición á publicada no ano 2008 por Sotelo Blanco e que acadara o Premio Manuel Lueiro Rey de novela Curta?

Á parte das correccións menores, ortografía e demais, leva varias ilustracións da época en que se ambienta a narración, e a maiores ás edicións anteriores, un apartado de documentación, cun texto extenso -entre outros- en plan Como se fixo esta novela. A min como lector encántanme este tipo de epílogos que falan da cociña dunha obra, eu aprendín moito deles, por exemplo cos de Borges.

Dende a perspectiva que dá o tempo. Como ve que tratou os anos esta obra?

Supoño que ben, dado que é a terceira edición, edición, á parte das reimpresións. Pasaron oito anos e segue viva. Co efémeros que son hoxe os libros, isto é unha eternidade. O mérito é dos lectores, case todo. Non podo senón agradecérllelo.

Localiza historicamente O frío azul a comezos do século XVI. Por que lle interesaba esa época para contar esta historia?

Hai dous feitos históricos dos que focalizan a obra que aconteceron a comezos do século XVI: un auto de fe da Inquisición e a morte dun abade de Oseira; isto foi así. A idea inicial e algúns dos feitos esenciais da trama eran desta época. Por tanto, optei por mover todo o resto dos acontecementos narrados a este período. Creo que acertei. Tan sequera ningún dos historiadores que a leron –e foron uns cantos- me sinalaron anacronismo ningún. Todo isto cóntoo con máis detalle no epílogo desta edición de Urco.

Estamos ante unha novela que transita entre a historia e lenda. Gústalle moverse entre eses dous mundos? Que lle aportan como escritor e que aportan á historia?

Como che dicía, a lenda, o mito, e tamén a relixión, están na mentalidade medieval no mesmo plano que a realidade obxectiva. Aínda que a época desta novela se aparta algo cronoloxicamente da Idade Media strictu sensu, falamos de Oseira, ou de Extremadura ou dos Ancares. Lugares arredados, señoríos feudais con moito peso aínda agora, a día de hoxe, do antigo réxime. Esta atmosfera é clave na ambientación dos feitos que se narran na obra. Non se poderían entender noutro contexto que fose máis urbano ou renacentista.

Case todo o peso da historia está narrada polo abade Lorenzo de Navascués a xeito de monólogo. No abade parecen confluír o amor e a violencia dunha forma estrema. Foille doado manter o ritmo da historia dese xeito?

Si, porque Lourenzo fala a traveso de min. Pero é el quen fala, non son eu. Eu son apenas como o actor que representa a súa historia. Non é a miña voz, é a súa. Nunca sería amigo seu. Non simpatizo co Abade. De feito, hai resgos do seu carácter dos que abomino, pero mudalos sería traizoar a obra. Ten que ser así, mesmo noxento ás veces. Lourenzo é un completo cabrón, pero atrae ao lector. A atracción do Mal, supoño que será iso.

A frase de Maquiavelo “o medo é unha das formas máis eficaces do poder” resume á perfección a vida do abade Lorenzo de Navascués e a forma de castigo contra a comunidade xudía. A ferocidade humana. A represión crúa que se conta en O frío azul, a da vila estremeña de Valverde del Fresno .

Exacto, de todos os xeitos debo facer dúas precisións: primeira, o texto de Maquiavelo hoxendía é interpretado como antidemocrático, e tal é desde a perspectiva de nós; pero pode ser un avance respecto ao poder absoluto de orixe divina do pensamento medieval que ten o Abade Lourenzo; ou sexa aínda que o adxectivo “maquiavélico” sexa pexorativo, é un concepto renacentista, e o Abade aínda está moi lonxe diso, el é aínda peor.

O segundo detalle é que como conto no epílogo, o episodio de limpeza étnica dos xudeus descrito na novela aconteceu realmente no ano 1500, pero noutra localidade estremeña moi distante de Valverde, en concreto en Herrera del Duque (Badajoz).

Un dos grandes protagonistas da historia é o mosteiro de Oseira. Na actualidade é foco de todos os interesados na arte e na arquitectura galega pero, que significaba Oseira no século XVI?

Era o Vaticano da época nesta parte do mundo, e quedo curto. Calquera visitante que se achegue agora a Oseira, e vexa aínda hoxe o edificio reconstruído, tras séculos de abandono, desamortizacións e saqueos, percibe o poderío que emanou desas pedras. De tódolos xeitos, o señorío de Oseira tivo picos máis altos de dominio que a comezos do XVI, daquela o plano do centralización dos Reis Católicos xa lle andaba enriba.

A intensidade da lectura. As veces as palabras poden ferir máis cos puñais. Egas vai morrendo aos poucos segundo se vai desentrañando a historia.

É certo. Egas vai sabendo, e vai morrendo. Veu para saber a calquera custe. Pero saber nunca é de balde, son mesmo as palabras do Abade na novela.

O frío azul parece que conflúe nalgúns momentos coa lenda La corza blanca, de Gustavo Adolfo Bequer.

A zoantropía é un tema universal, tan vello coma o home, mesmo na cultura oral. Disto ten escrito moito e ben Vicente Risco, e moitos outros antropólogos. A lenda é a mesma, supoño que Bécquer a recolleu en Castela, e Carré Alvarellos, de quen eu a recollín, nos Ancares, os dous pola mesma época, a do Romanticismo.

Hai uns anos a literatura de xénero fantástico era tratada como subcultura. Parece que tivo que vir a saga de filmes d’O señor dos aneis ou Xogo de Tronos para tomalo un pouco máis en serio.

Nin sequera lin a serie cando saíu no seu día en Gigamesh, xa hai algunha década. Refírome a Xogo de Tronos. Tampouco vin a serie esta nova da que todos falades. Ninguén é perfecto. Así que prefiro non opinar, seguramente non diría cousa con xeito.

A editorial coa que publicou estes libros está apostando forte polo xénero nestes últimos anos, incorporando autoras e autores. Como ve esta nova fantasía galega dende a súa experiencia?

Non lin nin sequera todo o que publicou Urco, confésoo, pero do que lin hai varios autores e autoras potentísimas, que a pouco que o sistema paraliterario que non temos, ou temos a duras penas –axentes, traducións e demais- funcionase serían auténticos fenómenos editoriais. Que escriba xente nova con esta calidade, e que o faga en galego, é algo marabilloso, nun panorama que certamente ten moitas eivas, por dicilo dun xeito optimista, ou se cadra indulxente. O libro galego non está no mellor momento da súa historia, pero non debemos perder máis tempo laiándonos.

Ten no prelo unha nova obra en Xerais, Liquidación de Existencias. Que nos pode contar dela?

Está a piques de saír, acabo de revisar agora mesmo a portada. É a miña volta á serie negra, despois de Sarou/Louzós (2012), pero aquel era un libro recompilatorio de relatos-novela criminal, é este é noviño do trinque, todo inédito. Este vai nesa liña formal; pero é un libro máis ácido, máis pegado á realidade cotiá, máis besta, con moita sangue e humor negrísimo. Nada que ver con O frío azulLiquidación de existencias é un libro de rabiosa actualidade, nos dous sentidos da palabra rabiosa. Alto en colesterol e triglicéridos. Como a vida mesma.


 

 

 Outubro, 2015

 

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Maio 2018
Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
10
› Exposición A pegada do coñecemento
00:00
Casa do Cabido. Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I
› O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia
00:00
Casa Galega da Cultura. Vigo, Vigo
A Fundación Penzol acolle esta exposición que se poderá ver ata o mes de xuño
› Ilustrando Galicia. 2016-2017
00:00
C.C. Salvador de Madariaga. A Coruña, A Coruña
Unha mostra que pretende achegar a realidade máis recente da ilustración de libros no país
› Feira do Libro do Porriño
00:00
Rúa Ramón González, O Porriño
Do 10 ao 13 na na rúa Ramón González
› Contacontos Aniversario Tilín Talán en Ponteareas
19:00
Libraría Tilín Talán, Ponteareas
Contacontos Aniversario Tilín Talán
› Presentación de Sinódica Luz en Ourense
19:30
Libraría Eixo, Ourense
Obra gañadora do I Certame Poesía Galega – Editorial Cuestión de Belleza
› Presentación en Ferrol de Contra todo isto
19:30
Ateneo Ferrolán, Ferrol
Este é un libro do sentir e do pensar, unha literatura na beira.
› Con ou sen gafas: presente e futuro da nova poesía galega, en Vigo
20:00
Libraría Andel, Vigo
Impartida polo poeta Ismael Ramos
› Proxección do documental Vieiros de Esperanza en Ferrol
20:00
C.C. Torrente Ballester, Ferrol
Dentro do Ciclo Homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero
› Presentación na Coruña de Un home estraño
20:00
O.N.C.E. Galicia, A Coruña
Obra gañadora do VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Ribeira”
› Presentación en Vigo de Noites de safari
22:00
Café Badía, Vigo
O alter ego de Iolanda Zúñiga publica esta novela editada por Xerais
Data :  10/05/2018
11
› Exposición A pegada do coñecemento
00:00
Casa do Cabido. Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I
› O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia
00:00
Casa Galega da Cultura. Vigo, Vigo
A Fundación Penzol acolle esta exposición que se poderá ver ata o mes de xuño
› Ilustrando Galicia. 2016-2017
00:00
C.C. Salvador de Madariaga. A Coruña, A Coruña
Unha mostra que pretende achegar a realidade máis recente da ilustración de libros no país
› Feira do Libro do Porriño
00:00
Rúa Ramón González, O Porriño
Do 10 ao 13 na na rúa Ramón González
› Festa das Letras Galegas en Vigo
18:00
Centro Comercial Praza Elíptica, Vigo
Con Pakolas
› Presentación de Poesía Mínima en Lugo
19:00
Libraría Trama, Lugo
50 Fotopoemas de Helena Villar Janeiro, publicado por Alvarellos
› Presentación de Mael en Pontevedra
19:30
Libraría Paz, Pontevedra
Contarase coa participación da autora e do ilustrador
› Presentación de Gombó en Lugo
19:30
O Vello Cárcere, Lugo
Ánxela Gracián presenta esta colección, editada por Fervenza
› Presentación de O feminismo, imprescindible para construír outra Europa en Ferrol
19:30
Ateneo Ferrolán, Ferrol
Libro coordinado pola eurodeputada Lídia Senra
› Presentación de Camiño en Vigo
20:00
Café de Catro a Catro, Vigo
Novo traballo literario de Jose Manuel Ledo Santiso, publicado por Ir Indo
› Presentación en Gondomar de Común temos a patria
20:00
Libraría Libraida, Gondomar
A biografía dos irmáns Villar Ponte elaborada por Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González
› Presentación de Um elefante no armário en Ferrol
20:30
Fundaçom Artábria, Ferrol
O novo romance e Teresa Moure
› Presentación de Lumes en Ponteareas
20:30
Casa do Concello, Ponteareas
Último poemario de Ismael Ramos, publicado en Apiario
Data :  11/05/2018
12
› Exposición A pegada do coñecemento
00:00
Casa do Cabido. Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I
› O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia
00:00
Casa Galega da Cultura. Vigo, Vigo
A Fundación Penzol acolle esta exposición que se poderá ver ata o mes de xuño
› Ilustrando Galicia. 2016-2017
00:00
C.C. Salvador de Madariaga. A Coruña, A Coruña
Unha mostra que pretende achegar a realidade máis recente da ilustración de libros no país
› Feira do Libro do Porriño
00:00
Rúa Ramón González, O Porriño
Do 10 ao 13 na na rúa Ramón González
› Presentación de Mael en Vigo
11:30
Libraría Banda Deseñada, Vigo
Contarase coa participación da autora e do ilustrador
› Os sábados choiva de contos en Compostela
12:00
Biblioteca Ánxel Casal, Santiago de Compostela
Os sábados choiva de contos. Sesión de contacontos con Lisístrata
› Cantamos un conto? en Moaña
12:00
Espazo Lector Nobel , Cangas
Con Luís Vallecillo
› Historias que contan os cadros, contacontos na Coruña
12:00
Libraría Suévia, A Coruña
Pieter Brueghel, Canaletto, Goya, Seurat ou Miró esconderon nos seus cadros fantásticas historias
› Presentación de Aira editorial en Lugo
12:00
Libraría Trama, Lugo
A libraría trama acolle este acto de presentación
› Contacontos Mª Victoria Moreno en Ferrol
12:30
C.C. Torrente Ballester, Ferrol
A cargo de Polo Correo do Vento
› Presentación de Unha educación de premio en Carballo
19:30
Fórum , Carballo
O reto de docentes que emocionan o alumnado cun ensino de vangarda e a mirada posta no futuro
› Homenaxe a María Victoria Moreno na Baña
21:00
Local Social San Vicenzo , A Baña
Organizado pola agrupación local do BNG da Baña
Data :  12/05/2018
15
› Exposición A pegada do coñecemento
00:00
Casa do Cabido. Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I
› O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia
00:00
Casa Galega da Cultura. Vigo, Vigo
A Fundación Penzol acolle esta exposición que se poderá ver ata o mes de xuño
› Ilustrando Galicia. 2016-2017
00:00
C.C. Salvador de Madariaga. A Coruña, A Coruña
Unha mostra que pretende achegar a realidade máis recente da ilustración de libros no país
› Os contos da festa no faiado, en Poio
17:30
Biblioteca Municipal, Campelo
Os contos da festa no faiado: Homenaxe a María Victoria Moreno
› Homenaxe a Xosé Chao Rego en Compostela
19:00
Biblioteca Nodal, Santiago de Compostela
Homenaxe organizada pola Asociación Veciñal Plataforma de Galeras
› Conferencia Literatura e Educación en Galiza, en Compostela
19:30
Caldeirería 26, Santiago de Compostela
A cargo de Pablo Rodríguez
› Presentación de Soneto no alfabeto en Compostela
19:30
Libraría Couceiro, Santiago de Compostela
Novo libro de poemas de Xoán Carlos Domínguez Alberte para o público xuvenil
› Presentación en Pontevedra de Común temos a patria
20:00
Libraría Paz, Pontevedra
A biografía dos irmáns Villar Ponte elaborada por Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González
› Presentación de Memorias dunha vaca marela en Compostela
20:30
Libraría Pedreira, Santiago de Compostela
Novo libro de Afonso Eiré, publicado por Hércules
Data :  15/05/2018
16
› Exposición A pegada do coñecemento
00:00
Casa do Cabido. Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I
› Ilustrando Galicia. 2016-2017
00:00
C.C. Salvador de Madariaga. A Coruña, A Coruña
Unha mostra que pretende achegar a realidade máis recente da ilustración de libros no país
› O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia
00:00
Casa Galega da Cultura. Vigo, Vigo
A Fundación Penzol acolle esta exposición que se poderá ver ata o mes de xuño
› Festiletras 2018, en Ponteceso
00:00
O Couto, Ponteceso
A entrega dos premios Bos e Xenerosos abrirá un programa que inclúe moitas propostas
› Actividades do Día das Letras Galegas en Ponteareas
10:00
Ponteareas, Ponteareas
Actividades organizadas polo concello de Ponteareas para o Día das Letras Galegas 2018
› Conferencia sobre María Victoria Moreno en Compostela
12:00
EGAP, Santiago de Compostela
Na EGAP
› Presentación de María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia en Compostela
12:00
Colexio de Fonseca, Santiago de Compostela
Un traballo coordinado pola profesora Blanca Roig Rechou.
› Sesión de cura de libros enfermos, en Compostela
16:30
Biblioteca Pública, Santiago de Compostela
No hospital de libros xa temos uns cantos doentes agardando a súa cura...
› Xogos e contacontos sobre María Victoria Moreno en Oroso
18:00
Praza Isaac Díaz Pardo, Sigüeiro
O BNG de Oroso convidate a coñecer a María Victoria Moreno
› María Victoria Moreno, unha historia de amor, en Vigo
18:30
Biblioteca Pública, Vigo
Contos e debuxos a cargo de Polo correo do vento
› Conferencias 'Johan de Cangas e o seu tempo' en Cangas
19:30
Casa do Concello, Cangas
Será un total de seis conferencias que se desenvolverán entre o 9 de maio e o 8 de xuño
› Homenaxe a Luisa Villata na Coruña
19:30
Conservatorio Superior de Música, Coruña (A)
Con Xurxo Souto
› Presentación O Picoto do Pai en Ponteareas
20:00
Centro Cultural de Xinzo, Xinzo (Ponteareas)
Actividade enmarcada dentro de FestiVal das Brétemas
› Presentación de Um elefante no armário en Compostela
20:00
NUMAX, Santiago de Compostela
O novo romance e Teresa Moure
› Presentación de Luísa Villalta. Obra dramática completa na Coruña
20:00
A. C. Alexandre Bóveda, A Coruña
Publicado por Edicións Proscritas en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda
› Presentación de Renacer á descuberta das palabras en Vigo
20:30
Libraría Cartabón, Vigo
Na libraría Cartabón
› Festival Contra-Letras, en Carballo
20:30
Casino 1889, Carballo
Organizado polo Casino 1889
Data :  16/05/2018
17
› Exposición A pegada do coñecemento
00:00
Casa do Cabido. Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
A Casa do Cabido acolle unha exposición dos fondos da biblioteca histórica do Instituto Xelmírez I
› O Día das Letras Galegas. 55 anos de Historia
00:00
Casa Galega da Cultura. Vigo, Vigo
A Fundación Penzol acolle esta exposición que se poderá ver ata o mes de xuño
› Ilustrando Galicia. 2016-2017
00:00
C.C. Salvador de Madariaga. A Coruña, A Coruña
Unha mostra que pretende achegar a realidade máis recente da ilustración de libros no país
› Festiletras 2018, en Ponteceso
00:00
O Couto, Ponteceso
A entrega dos premios Bos e Xenerosos abrirá un programa que inclúe moitas propostas
› Romaría dos Libros de Primavera, en Compostela
11:00
Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela
Organizado por Compostela Literaria
› XXI Feira do Libro Galego de Tui
11:00
Paseo da Corredoira, Tui
No Paseo da Corredoira
› Festa das Letras no Grove
11:00
Rúa Castelao, O Grove
Na rúa Castelao.
› Actividades do Día das Letras Galegas en Ponteareas
11:00
Ponteareas, Ponteareas
Actividades organizadas polo concello de Ponteareas para o Día das Letras Galegas 2018
› Contando a Mª Victoria Moreno, en Allariz
11:00
Galería Circular, Allariz
Con Iseo Agilda
› Roteiro Literario A Torre soñada, na Coruña
11:00
Praia San Amaro, A Coruña
A cargo de Xurxo Souto
› Festival Contra-Letras, en Carballo
11:30
Casino 1889, Carballo
Organizado polo Casino 1889
› Homenaxe a María Victoria Moreno na Pastoriza
16:00
Centro Sociocultural "Mariña Folgueira" , A Pastoriza
Un cartel de luxo para honrar a nosa cultura!
› Pasalingua: Tesouros dunha viaxe improvisada, en Betanzos
17:00
Parque do Pasatiempo, Betanzos
Organizado pola Asociación de Amigas do Parque del Pasatiempo
› Conferencia de Rafael Quintiá en Poio
17:30
Centro Cultural Xaime Illa, Raxó (Poio)
Titulada "O mundo da mitoloxía na literatura oral galega"
› Contacontos Día das Letras Galegas, en Carballo
17:30
Libraría Punto e Coma, Carballo
Na libraría Punto e Coma de Carballo
› Contando a Mª Victoria Moreno, en Ourense
18:00
Libraría Punto e Coma, Ourense
Con Iseo Agilda
› Lectura de textos e poemas de María Victoria Moreno, en Valga
18:00
Praia fluvial de Vilarello, Valga
Na praia fluvial de Vilarello
› Kerouac Letras Galegas, en Vigo
20:30
Muro dos poetas, Vigo
Lectura de poemas en galego e micro aberto
› Pintxocital en Cangas
22:00
Taberna O Rincón, Cangas
Pintxocital é un recital poético de taberna a cargo do poeta Xosé Daniel Costas
Data :  17/05/2018