Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

Ecos da néboa (Trifolium) de Ricardo Martínez-Conde

Rate this item
(7 votes)

O filósofo viaxa a pé, dicía o pensador grego Pitágoras de Samos. Vivimos tan rápido que ás veces nos esquecemos ata de mirar. Por sorte, é de agradecer a autores como Ricardo Martínez-Conde que publiquen libros como este Ecos da néboa, editado recientemente por Trifolium. Libros que nos frean en seco no maremagnum vertixinoso no que mergullamos todos os días.

Martínez-Conde preséntanos un novo libro de aforismos, xénero pouco cultivado nas nosas letras; e velaquí onde o poeta, o filósofo, o camiñante únense para compartir co lector, en silencioso diálogo, la experiencia de observar. Porque o autor sanxenxino viaxe a pé, e detense a mirar dende atalaia privilexiada e alerta.

Gocemos devagar deste Ecos da néboa, remanso nese torrente que é a vida.

 

 


 

 

Expresar o pensamento, a reflexión, a observación é común á idiosincrasia galega. Sen embargo, a súa representación literaria non é doada de atopar, máis aínda se falamos dunha exteriorización aforística.

Nalgunha ocasión, falando con Anxo Tarrío, témolo comentado; é certo que literariamente non está moi presente a expresión aforística nas nosas letras, tal como indicas. A pesares de que a nosa literatura adoece de ensaio, o paisano galego é moi sentencioso e tendente a empregar esas verdades resumidas que ás veces pode mesturarse co refrán. Eu, como escritor, procuro pulir esa tradición para darlle a intención de aforismo. Emporiso, hai que ter en conta que o aforismo vai máis alá e esixe ser unha construción racional moi coidada. Nese senso en Galicia coido habería que citar ineludiblemente a autores como Dieste, Celestino Fernández de la Vega ou incluso estaría tamén implícito -aínda que revestido do seu xeito fantasioso- o propio Álvaro Cunqueiro. Cunqueiro di moitas verdades breves, o que fai que ás veces non sexa doado lerlle, porque engalana con poucas palabras: outro fundamento para o aforismo.

 

Como ven de dicir, o aforismo, por mor da súa estrutura estética permite ao autor, en poucas palabras, dicir e calar. A vostede, con máis dunha quincena de títulos as costas, que é o que lle aporta o aforismo?

Eu considero que todas as polas da literatura están conexionadas entre si, ao xeito da teoría do arquipélago de Chiloé: cada xénero é unha illa pero todas fan un conxunto de illas. Están conectadas entre si, enriquecendo un modo de expresión, de dicir e pensar.

O aforismo está relacionado coa poesía, pero tamén co haiku. Logo hai teorías a propósito do que sería o aforismo ou a brevidade, como a que di: “Nada é verdadeiro, pero podería selo”, velaí unha especie de definición para quen queira entender. Toda expresión literaria é comunicación, por iso é importante que a mensaxe chegue. Ás veces pode existir o medo de que ao transmitir con poucas palabras a mensaxe non calle, pero, como toda comunicación, a participación do lector ou interlocutor é imprescindible. Nese sentido o autor di e o lector complementa, re-crea. Sobre isto referíase Edmond Jabés, quen sinalaba que “todo lector é o elixido por un libro”. Iso é moi importante.

 

Poderíamos afirmar que hoxe en día o lector habituouse á brevidade, a un auxe da microliteratura, quizabes por mor do inmediato que goberna as nosas vidas.

Creo que poderíamos atopar unha verdade respecto a iso. Téndese á brevidade cuantitativa pero expresivamente vaise máis alá. O aforismo implica unha experiencia. Se alguén di “Eu teño unha casa de pedra” a mensaxe queda dita; sen embargo, se outro comenta “Na mañá só a miña sombra” a mensaxe transcende o número de palabras. As dúas componse do mesmo número pero non é o mesmo. Hai diferenza.

Un dos mellores exemplos que se poden comentar é Pessoa. O portugués é poeta pero dos seus libros despréndense moitos aforismos. En certo modo é continuador dos grandes aforistas franceses, como nx0woeph Joubert ou François de La Rochefoucauld, e entronca directamente coa filosofía, non só con Nietzsche, senón con autores actuais como o italiano Guido Ceronetti, un autor verdadeiramente interesante. Outro nome a ter en conta é o de Elías Canetti. Son todos autores que se moven nas areas da novela, da filosofía, que inculcan un valor poético á súa obra e fan que as palabras aumenten o significado desas escasas palabras empregadas.

Como medra un libro de aforismos?

Cada individuo é un mosaico, construído de teselas. Logo observarás mosaicos que non pagan a pena mirar e outros que son verdadeiras perfeccións.

No aforismo a idea de comunicación é moi importante. Dalgún xeito o aforista sempre está desperto. Calquera circunstancia pódelle levar a construír un pensamento, unha vivencia, a manifestar un baleiro; non é só dicir, o aforismo supón un xeito de pensar deliberado, ante o cal o lector non pode permanecer alleo. Cando les un bo libro de aforismos éche imposible volver saír á rúa e observar do mesmo xeito o que acontece ao teu redor.

 

Pervive o que é dubidado. Perpetúa en Ecos da néboa ese sentimento perenne de especulación racional e consciente.

Racional, consciente e eu engadiría construtiva. Non me lembro moi ben se era Cioran quen dicía que “Eu só estou seguro dunha cousa, das miñas dúbidas”; pero cada dúbida é como ir cubrindo ese oco da grande dúbida, da esencial, a que supón ese oco existente entre o home e o seu sentido de transcendencia, o seu valor relixioso. Logo a intelixencia do individuo lévanos á contradición, onde todo semella claro pero logo non hai xeito de xuntar as pezas. É un desasosego perenne (outra vez Pessoa) onde, mentres algúns procuran obvialo para se dedicar a cuestións máis frívolas ou inmediatas, outros buscan a súa utilidade, para ver se nos axudan a ter un pouco de sosego, pero sobre todo para desenvolver a capacidade de entender, coa finalidade de que as cousas non nos sexan estrañas, a propia paisaxe nos sexa estraña. Coñecer a ese Outro filosófico e entender cales son os fíos que nos unen a el.

 

Estamos ante uns aforismos que teñen máis de diálogo que de axioma. Debe de ser apotegmático o aforismo ou pola contra ha ser un convite á reflexión solitaria do lector?

Indubidablemente non é unha sentencia. Non é dicirlle a ninguén nin como son as cousas nin como debe enfrontarse a elas. Quen lea a modo decatarase de que realmente se está a xerar unha pregunta, unha dúbida. Incluso a algúns aforismos lles fallaría unha parte complementaria que sería: “E a ti que te parece?”.

Eu me quedaría, sen dúbida, nun convite ao diálogo; e coido que todos os aforistas partillan desa opinión. Peter Handke non fai máis nos seus libros de aforismos que amosar a ese camiñante que, en observación perpetua, vaise sorprendendo das cousas que o arrodean e maniféstao dende si mesmo para asumir esa responsabilidade, pero facendo unha formulación ao Outro: Todos somos camiñantes e sentimos curiosidade (ou deberíamos, engadiría eu).

 

O principio é a noite.

De que é fronteira a noite?

A noite é fronteira do día, e o día é fronteira da noite. Nese xogo entraríamos na dialéctica, que á súa vez sería o resultado dun aforismo. Beckett dicía que “a perfección é o silencio”. Deixar as palabras é achegarse a ese silencio. A noite é unha invitación ao silencio, pero ao silencio cara fora; no silencio as palabras interiorízanse. Polo tanto noite e día son complementarios; serían, en certa medida, o aforista e o lector.

 

A observación, silenciosa e reflexiva, é un dos elementos característicos de toda a súa obra, especialmente no eido poético e no haiku. Faise necesaria unha educación da mirada?

Hai quen define a cultura como un exercicio da curiosidade. Entón, nese senso, a curiosidade pode propiciar o coñecemento.

O aforista (e o autor) realiza unha viaxe de ida e volta. Observa e interioriza. Quizabes o que se lle pide a un autor é que teña os elementos de interpretación, non só que observe, senón que interprete, que transmita con palabra un discurso ordenado, e que ese discurso se presente aberto, que chegue o máis sinxelamente ao lector.

 

O tempo debilita e fortalece: Non esperedes comprensión do tempo, dicía, non é o seu cometido. Que función ten o paso do tempo, dende unha perspectiva metafórica (ou non), na súa obra?

Case todas as miñas obras xorden de preguntas, aínda que logo a transmisión literaria sexa dun xeito ou doutro. No ano 99 publiquei un traballo na Revista de Cuadernos Hispanoaméricanos cuxo título era “El aforismo o la formulación de la duda”, a grande virtude do tempo como significado é que precisamente o tempo é a grande pregunta: “Que é o Tempo?” Aínda que outros, máis egoistamente, formulen esa mesma pregunta doutro xeito: “Que vai ser de nós?” Segundo se diga dunha forma ou outra, á hora de traspasar esa dúbida ao lector, este poida que chegue asumila e facela súa. A fin de contas, de que estamos feitos senón de Tempo?

Velaí como o Tempo é a gran pregunta e o motor das outras preguntas, ben sexan estas de carácter relixioso, amatorias, sociolóxicas...

 

Filosofía e poética. Velaí un choque entre razón e paixón.

Esa hipótese é un pouco falsa. A filosofía nace das preguntas; e sobre todo das dúbidas. A poesía non deixa de ser (ou manifestar) unha situación emocional, pero como diría Carlos Fuentes a propósito do sentido da liberdade, non é unha cousa á que se chega, senón á que se tende.

O poeta tende a unha idea de beleza, que logo cadaquén reinterpreta ao seu xeito. Iso significa un exercicio de formulación, de observación, que non está só na linguaxe, na elección das palabras, senón no valor que se lles outorga; que valor dar a esas palabras para que o outro se emocione e entenda. Iso sería filosofía (ou sería poesía?).

 

 

Santiago de Compostela. Agosto, 2012

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
26
Data : 26/04/2019

Exposicións >

No upcoming event!