Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Máis información

Acepto

En cumprimento do artigo 22.2 da Lei de Servizos da Sociedade da Información e conforme ao disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de dicembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa ou recomendacións que resulten de aplicación (tales como a Guía de Cookies da Axencia Española de Protección de Datos-AEPD), DataLib Servizos Documentais, S.L. informa aos usuarios da web de que o acceso a este sitio implica a utilización de cookies.

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da forma en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. Tal como recolle a "Guía sobre el uso de las cookies" da AEPD, segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, podemos distinguir entre:

- Cookies técnicas. Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, recordar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son ou compartir contidos a través de redes sociais.

- Cookies de personalización. Correspondería a aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario como por exemplo serian o idioma, o tipo de navegador a través da cal accede ao servizo, a configuración rexional desde onde accede ao servizo, etc.

- Cookies de análise. Son aquelas que permiten ao responsable das mesmas, o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma e para a elaboración de perfís de navegación dos usuarios de ditos sitios, aplicacións e plataformas, co fin de introducir melloras en función do anlaíse dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.

- Cookies publicitarias. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíra nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia na que se mostran os anuncios.

- Cookies de publicidade comportamental. Son aquelas que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíse nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o cal permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.

As aplicacións de terceiros nos prestan o servizo de medición e análise da audiencia das páxinas da nosa web, descarga de vídeos e documentos, facilitar e monitorizar a conexión e a publicación de contidos entre a web de Fervenzas Literarias e redes sociais como Facebook, Twitter, Linkedin...

A información que obteñen está relacionada co número de páxinas visitadas, idioma, rede social na que se publican as nosas novas, cidade ou rexión á que está asignada a dirección IP dende a que se accede, o número de novos usuarios, frecuencia, tempo e reincidencia das visitas, navegador e operador ou tipo de terminal dende o que se realiza a visita.

Asimesmo elas mesmas poden utilizar estes datos para mellorar os seus propios servizos e para ofrecer servizos a outras empresas. Pode coñecer eses outros usos dende as ligazóns indicadas.

O control das cookies instaladas no seu equipo debe facerse mediante a configuración das opcións do navegador que use:

En cumprimento do establecido no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (en adiante, LOPD), informámoslle de modo expreso, preciso e inequívoco que a información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador será utilizada coas seguintes finalidades: identificar a sesión e acceder a partes de acceso restrinxido.

Os destinatarios da información que se obteña a través das cookies que se instalen no seu ordenador serán as seguintes entidades: O editor responsable da web e responsable do tratamento: DataLib Servizos Documentais, S.L.

ático (Positivas) de Arsenio Iglesias Pazos

Rate this item
(14 votes)

Hai libros nos que intúes de antemán que é o que vas atopar neles; e é a partires dese intre cando a experiencia de deixarte vogar polas súas páxinas será máis ou menos gozosa. Logo están esoutros libros que abres case ao azar, cunha ignorancia total e, a dicir verdade, sen prexuízos ningún. É principiar unha viaxe a cegas e ser engulido polo inesperado.

E este ático (Positivas) de Arsenio Iglesias Pazos é a todas luces unha lectura inesperada. Estamos ante un poeta case que descoñecido, situado fora dos círculos literarios do país. ático, que fora premiado co Avelina Valladares da Estrada, non viu a luz ata sete anos despois. E logo está a poesía que atopamos nas súas páxinas. Unha poesía que semella en aparencia sinxela, discreta, sincera; Arsenio escribe poesía como se debuxase un cadro en poucas pinceladas. Poesía fermosa e chea de tenrura. Velaquí a vida, esa que podes agarimar cos dedos.

Logo está o labor de edicións Positivas, que aposta valentemente por unhas propostas arriscadas. Non sabemos se gañan ou perden, pero o que é seguro é que (case) sempre convencen. Acertamos os lectores. Hai que agradecer a súa aposta por este ático, do que temos a grandísima sorte de ver publicado antes de que rematasen no limbo dos premios non publicados.

 

 


 

A pesares de ser premiado no ano 2006 co Avelina Valladares de poesía, ático non ve a luz ata este ano, da man de edicións Positivas.

Cando un libro leva o Avelina Valladares, normalmente publícase en Edicións Fervenza. Porén, é o Concello da Estrada o que se fai cargo dos gastos, a pesar de que non está obrigado polas bases do certame.

Cando eu gañei, no concello faláronme da publicación, pero tamén me dixeron que había que agardar un tempo porque había obras de edicións anteriores que aínda estaban pendentes e tiñan prioridade.

As datas que me deron fóronse alongando coma os prazos dunha autoestrada. Até que, despois de dous anos, un día chegoume a noticia de que publicaran o gañador de 2007. Presenteime na Estrada, a 600 km. da miña casa, e só entón me confirmaron que o libro quedaba descartado. Non había cartos abondo, dixeron. Curiosamente, ao mesmo tempo a contía do premio aumentou de 1.500 a 2.000 euros e reduciuse moi notablemente a demora da edición.

Así as cousas, e sen ter chegado nunca a saber por que, Ático conta co triste mérito de ser, dentro das últimas dez edicións, o único gañador do Avelina Valladares que non recibiu apoio do Concello da Estrada para saír do prelo. Nunca souben a verdadeira razón. Unha vez contáronme unha historia off the record sobre novos gobernos municipais que non querían facerse cargo das herdanzas da lexislatura anterior. Pero non podo confirmalo. Só podo xurar que eu non lle fixen mal a ninguén.

Logo presentei o libro en Espiral Maior e dixéronme que si. Ao cabo doutros dous anos, cando xa estaba listo para saír, a editorial botouse atrás por problemas económicos. Entón foi cando chegamos a Edicións Positivas, pero xa estamos a falar de finais de 2010. E teño que dicir que en Positivas estou moi a gusto. É unha editorial moi acolledora e valente.

Durante toda esta singradura un atravesa moi variados estado de ánimo. De feito, se non é pola insistencia de Eduardo Estévez, Ático acabaría perdido dentro dalgunha caixa de CD's nalgún estante pouco accesible na casa de meus pais.


Segundo lemos na lapela do libro, participou vostede no obradoiro literario que imparte Eduardo Estévez na biblioteca municipal de Fene dende o 2002 ata o ano que lle outorgaron o premio. Qué importancia teñen estes obradoiros para expulsar o poeta latente?

Non sabería describir con exactitude a fórmula, pero, no meu caso particular, si que podo dicir que gardo un recordo extraordinario do obradoiro. De feito, e dígoo moitas veces, marcou moito máis a miña identidade cós anos que botei estudando a carreira.

Hai varias cousas que valoro nel. Unha das leccións do obradoiro consistía en entender que para madurar como escritor había que madurar tamén como lector. Por exemplo, estaba plenamente instaurado o hábito de ter que opinar sobre os textos dos demais compañeiros.

Por outro lado, axudou a desmitificar a figura do escritor. Por alí teñen pasado Rosa Aneiros,  Miro Villar, Sechu Sende, María Lado, Carlos Negro, Antía Otero, Quico Cadaval, Cándido Pazó, Antón Riveiro Coello, Medos Romero, Marta Dacosta, Estevo Creus, Celso Fernández Sanmartín, Lino Braxe, Vicente Araguas, Baldo Ramos, Fran Alonso... E alí estabamos nós, compartindo conversa cos eses nomes grandes.

E, por último, o aspecto que, se cadra, era o de máis relevancia. O obradoiro foi un xeito verdadeiramente eficaz para que moita xente que non tiña hábitos en galego empezase non só a coñecer o que se escribe na nosa lingua, senón tamén a escribir regularmente nela. Ata o punto de que, co paso dos anos, tres persoas (que eu lembre agora) acabamos publicando un libro.

Definitivamente, debería haber un obradoiro de literatura en cada concello.


Poesía das pequenas cousas, dos detalles. O cotiá flúe cunha sorprendente naturalidade polas páxinas de ático. O sinxelo devén, á hora de expresalo poeticamente, en algo complexo?

O libriño ten un carácter moi narrativo. É un conxunto de escenas breves nas que a miña intención era escarvar a pequena poesía que pode haber nas cousas próximas. Eu non podo aportar grandes reflexións filosóficas, ou revisións da historia, ou afondar na metaliteratura. Non podo porque non son experto en nada diso. Gústame traballar as descricións, os desenlaces, incluír diálogos. O único que podo ofrecer é a miña modesta visión das cousas, da cal nin sequera son plenamente consciente.

De feito, tanto nos personaxes coma no narrador (ou voz poética) hai certo grao de inxenuidade. Pero é un ton inxenuo inserido nun contexto que si reúne o seu grao de complexidade. Por poñer un exemplo, a relación da infancia co mundo adulto que se dá no poema dos fraggles (aínda que o personaxe principal non é exactamente un neno), ou no dos reis magos.


Tráelle polos de coca-cola/tráelle a andrea a infancia/nunha bandexiña de xeo

En ático vemos que existe tamén unha necesidade de frecuentar e referenciar a memoria.

É certo que a memoria, e sobre todo a memoria ligada á infancia, está en moitos poemas. Pero o curioso é que non era unha temática que eu quixese tratar de maneira premeditada. A reflexión sobre o porqué vén con posterioridade, ao xuntar os textos.

Hai un soño que teño ás veces, deses soños prototipo que comparte media humanidade, que consiste en que estou na casa de meus pais, onde medrei, e atopo unha habitación nova que non sabía que existía, chea de obxectos. Dentro do soño faime ilusión a descuberta, polo valor deses obxectos, e porque me permite redistribuír o contido da casa.

Explorar a memoria é algo semellante. Atopar cousas novas en lugares que estás cheo de transitar. Por exemplo, coñecer de toda a vida o dato de que ao avó non lle sabían as lentellas. Pero descubrir moito despois que era o único que lles daban cando estivo na guerra. Ou coñecer de toda a vida o dato de que a avoa só tiña un irmán, do cal a separaban arredor de 15 anos. E descubrir moito despois que foi porque o bisavó nx0woé María, cando xa tiña un fillo, marchou para Cuba e que botaron máis de dez anos sen ter novas súas. E que xa non contaban con el. Pero volveu. E andado o tempo naceu miña avoa.

 

Outro aspecto a subliñar é a proximidade que insire á súa poesía. O lector síntese cómodo léndolle. Cales serían os límites da sinceridade e da intimidade do poeta cara o seu lector?

Os poemas máis antigos do libro son os que transcorren no ático. Eses poemas son ficción. A idea inicial era confrontar dous personaxes que fosen eu. Reflexionar sobre a experiencia de coñecer alguén exacto a min, aínda que finalmente o argumento acabou indo por outro lado. Pero todos os poemas posteriores, os que van intercalados, son o relato de feitos reais. Ata o punto de que hoxe en día, dende hai anos, son incapaz de escribir un poema que non conte unha experiencia verdadeira. Ao cabo, a vida é moito mellor narradora ca min.


Quería descubrir pola forza/o bonito de irse

ático ten un pouso de nostalxia, de metáfora. A fin do verán como preludio dunha viaxe que será só de ida.

Eu estou vivindo en Bilbo porque quitei unha praza de funcionario aquí. Parte dos poemas están escritos no tempo comprendido entre que fixen os exames e que empecei a traballar. Foi un intervalo longo, de bastantes meses, entre xuño de 2005 e abril de 2006. Por iso non foi unha saída abrupta e traumática. Deume tempo para unha despedida pausada, para asumir con calma o que implicaba marchar. Puiden facer as visitas necesarias, como acudir ás praias nas atardecidas, ou subir aos altos para divisar a panorámica dos vellos escenarios.

Por outro lado, o tempo que pasou dende que escribín o libro ata que se publicou produciu un efecto curioso. Con todo o tempo que pasou, deixei de ser a mesma persoa que escribiu o libro e, en consecuencia, o autor acabóuseme convertendo noutro personaxe máis.

 

Esteticamente foxe vostede da métrica, insire referencias á cultura pop, aparecen conversacións, os versos móvense libres polo texto.

Hai un mínimo de ritmo nos textos, pero moi mínimo. Non me preocupei pola métrica dun xeito matemático, admítoo. Pero é por un motivo moi simple: porque non teño o talento suficiente como para vestirme cun corsé tan estrito e seguir sendo capaz de dicir o que pretendo. Con todo, non penso que unha perspectiva máis lírica favorecese as cousas que se contan nos poemas.

 

Tras todo o tempo transcorrido entre o premio e a publicación de ático, é de supoñer que dentro de pouco poderemos ver un novo libro seu.

Si que teño material que dá para un libro, pero son poemas que fun escribindo entre 2007 e 2009. Estouno mandando a concursos, pero vendo os nomes da xente que está levando premios ultimamente, non sei se terei moitas posibilidades.

Por outro lado, nos últimos catro anos só escribín un poema. Non sei explicar por que deixei de escribir, aínda que realmente non é algo que me quite o sono. Se non escribo será porque non teño nada interesante para contar. E se escribo, xenial. Para moita xente a poesía é unha necesidade. Para min isto é basicamente unha afección saudable, como pode ser tamén o balonmán. E practícoa da mesma maneira que practiquei deporte toda a vida: con certa torpeza e un espírito competitivo nulo.

 

 

 

SMTP. Novembro, 2013

Partilla nas redes sociais:

Submit to TwitterSubmit to FacebookSubmit to LinkedInSubmit to DeliciousSubmit to DiggSubmit to Google PlusSubmit to StumbleuponSubmit to Technorati

Buscar en De actualidade >

Axenda >

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
26
29
30

Exposicións >

No upcoming event!